xoves, 31 de marzo de 2011

Xornadas de Cultura Urbana


Os días 18,19 e 21 de Abril chegan a Noia as II Xornadas de Cultura Urbana con actividades de Breakdance, Beatbox, Rap, Graffiti, Turntablism (Dj) e Capoeira.

As actividades son de carácter gratuíto pero hai límite de prazas polo que aqueles que estades interesados/as en participar nelas debedes formalizar a inscripción entre o 4 e o 15 de abril a través do impreso correspondente que encontraredes na Casa da Xuventude de Noia.

mércores, 30 de marzo de 2011

ENCONTRO NACIONAL DE XÓVENES VOLUNTARIOS (CEUTA, DO 13 AO 17 DE MAIO DE 2011)

Con motivo da celebración da Semana Europea da Xuventude 2011 e a celebración do Ano Europeo do Voluntariado 2011, tense previsto realizar a actividade: “Encontro Nacional de Xóvenes Voluntarios”, en Ceuta, do 13 ao 17 de maio.

Destinatarios:

24 xóvenes voluntarios, que non teñan experiencia no servicio de voluntariado europeo, con idades comprendidas entre 18-30 anos:

- 12 voluntarios pertencentes a distintas comunidades autónomas.

- 12 voluntarios de distintas asociacions de Ceuta


Financiación:

A Axencia Nacional Española e a Consellería de Xuventude, Deportes e Novas Tecnoloxías faranse cargo dos gastos de desprazamento ata Ceuta e dos costes de acollida e desenvolvemento do encontro.

para mais información consultade na oficina OMIX de Boiro(Centro Social)



martes, 29 de marzo de 2011

Músicos de Rúa

O concello de Allariz busca músicos de Rúa para que actúen na Semana santa ao Vivo, os interesados debedes contactar antes do 5 de Abril no departamento de promoción económica de Allariz no correo electrónico dinamizacioneconomica@allariz.com ou no teléfono 988442210.

PLAN DE FORMACIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

Xa podedes inscribiros na oferta formativa–presencial e en liña- da dirección xeral de xuventude e voluntarido, que se distribuirá en tres grandes bloques: formación da mocidade en actividades de ocio alternativo, tempo libre e asociacionismo; formación continua de técnicos de xuventude; e actividades no eido do voluntariado.

Podes consultar esta oferta formativa seguindo este enlace:

http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/ensino/plan_de_formacion/2011/plan_de_formacion_2011.pdf

ou no Teléfono xove: 902152535 e a páxina do voluntariado galego(www.voluntariadogalego.org)

venres, 18 de marzo de 2011

plan de formación da dirección xeral de xuventude

Á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado correspóndelle, entre as súas funcións, a promoción e organización das actuacións en materia de xuventude e voluntariado, e correspóndelle organizar cursos de educación non formal que afondarán na capacitación das persoas que traballan no ámbito da xuventude e voluntariado, co obxecto de que obteñan unha formación continua que lles permita organizar e xestionar os servizos que ofrecen á mocidade e ás entidades de voluntariado.

O plan de formación divídese en 3 ámbitos: Tempo Libre, Rede Galega de Información Xuvenil, e Voluntariado

Podedes consultar toda a información na web www.xuventude.net, no apartado de Ensino e Bolsas

Cursos de idiomas no extranxeiro

O programa de Cursos de idiomas no extranxeiro, pon á disposición da xuventude galega a posibilidade de viaxar a diferentes lugares do mundo, co obxectivo de poder aprender e perfeccionar unha nova lingua, e enriquecer a convivencia intercultural.

Recóllese unha amplia selección de cursos internacionais en máis de 100 prestixiosas escolas de idiomas, situadas en diferentes países.

Inglés, francés, alemán, italiano, portugués e ruso son os idiomas que se poden estudiar en diferentes países como Reino Unido, Irlanda, Canadá, Estados Unidos, Francia, Alemania, Italia, Portugal ou Rusia, entre outros.

Podes consultar toda a información a través de www.xuventude.net, no apartado Ensino e Bolsas

luns, 7 de marzo de 2011

Bolsas de estudos para prácticas na Oficina Municipal de Turismo

Convocante: Concello de Nigrán
Prazo de solicitude - 15/03/2011
Características - Para diplomados/as ou técnicos/as de Turismo. Duración: dende o 1 abril ata o 30 Setembro 2011.
Máis información - Oficina Municipal de Información e Rexistro do Concello de Nigrán

Bolsas para doutorandos e mozos/as científicos en Alemaña

Convocante: Servizo Alemán de Intercambio Académico (DAAD)
Prazo de solicitude - 15/03/2011
Características - Dirixido a estudantes de doutorado, mozos/as e investigadores.
Máis información - http://www.daad.de/es/index.html

Bolsas Fundación Iberdrola

Convocante: Fundación Iberdrola
Prazo de solicitude - 21/03/2011
Características - I Convocatoria de 14 bolsas para estudos de Postgrao en Enerxía e Medio Ambiente en Reino Unido e Estados Unidos.
Máis información - www.iberdrola.es

Bolsas de Posgrao no estranxeiro

Convocante: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Prazo de solicitude - 31/03/2011
Características - Convocadas 32 bolsas para a realización de estudos de posgrao en EUA, Europa (agás España) e Asia.
Máis información - www.fundacionbarrie.org

Bolsas estudos de posgrao en EEUU

Convocante: Fundación La Caixa
Prazo de solicitude - 02/05/2011
Características - Convocatoria de 45 bolsas para cursar estudos de posgrao durante o curso 2012-2013.
Máis información - http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/eeuu_es.html

Bolsas Leonardo da Vinci

Convocante: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Xunta de Galicia
Prazo de solicitude - 14/10/2011
Características - Para galegas e galegos titulados en FP e universitarios entre 18 e 30 anos.
Máis información - www.xuventude.net

martes, 1 de marzo de 2011

Axudas para estudiar ingles para moz@s

O Ministerio de Educación convoca axudas para a estancia e realización dun curso para perfeccionar a lingua inglesa de, polo menos, tres semanas de duración, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais entre o 1 de xuño e o 30 de novembro do ano 2011, en países cuxa lingua oficial sexa o inglés.

Destinatarios:
Poderán optar a estas axudas os mozos nacidos entre o 1 de xaneiro de 1981 e o 31 de decembro de 1993 que obteñan a condición de bolseiro do Ministerio de Educación.

Contía das axudas:
Australia: 2.600 euros.
Canadá: 2.100 euros.
Estados Unidos de Norteamérica: 2.100 euros.
Malta: 1.200 euros.
Nova Zelandia: 2.400 euros.
Reino Unido: 1.700 euros.
República de Irlanda: 1.700 euros.

A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.

O prazo para a presentación de solicitudes é ata o día 30 de marzo de 2011 inclusive.

Máis información
no BOE do 28 de febreiro de 2011 e en www.educacion.es

Cursos de Ingles para mestres e alumnos de Maxisterios

O Ministerio de Educaión convoca axudas para a estancia e realización dun curso para perfeccionar a lingua inglesa de, polo menos, 6 semanas de duración, cun mínimo de 20 horas lectivas semanais entre o 1 de xuño e o 30 de novembro de 2011 en países cuxa lingua oficial sexa o inglés.

Requisitos:
Ter finalizada a diplomatura ou grao de Mestre en calquera das especialidades nalgún dos seguintes cursos académicos: 2009-2010, 2008-2009, 2007-2008 ou 2006-2007, ou ben, estar matriculado en curso 2010-2011 da totalidade dos créditos que lle resten para finalizar os estudos da titulación de Mestre.
Ter finalizado os estudos de Master en Profesorado de Ensino Secundario Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas.

Contías das axudas:
Australia: 3.150 euros.
Canadá: 2.550 euros.
Estados Unidos de Norteamérica: 2.550 euros.
Malta: 1.500 euros.
Nova Zelandia: 2.800 euros.
Reino Unido: 2.100 euros.
República de Irlanda: 2.100 euros.

A solicitude
deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.

O prazo para a presentación de solicitudes é ata o día 30 de marzo de 2011 inclusive.

Máis información
no BOE do 28 de febreiro de 2011 e en www.educacion.es

Cursos de Lingua Francesa en Xullo

O Ministerio de Educación convoca 450 axudas para a estancia e realización dun curso de lingua francesa en distintos centros de Francia de catro semanas de duración no mes de xullo de 2011, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais.

Destinatarios:
Poderán optar a estas axudas os alumnos nacidos entre o 1 de xaneiro de 1991 e o 31 de decembro de 1994 e que no presente curso 2010-2011 estean matriculados nalgún dos seguintes cursos:

Primeiro ou Segundo de Bacharelato.
Ensinos Profesionais de Música e Danza.
Grao Medio de Formación Profesional.
Grao Medio de Artes Plásticas e Deseño.
Grao Medio de Ensinos Deportivos.
Ensinos de Idiomas de nivel intermedio ou avanzado.

Será requisito indispensable para obter esta axuda ser bolseiro do Ministerio de Educación no curso 2010-2011.

Contía:
A contía das axudas ascenderá a un máximo de 1.429 €.

Solicitude e Prazo:
A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.
O prazo para a presentación de solicitudes é ata o día 30 de marzo de 2011 inclusive.

Mais información:
no BOE do 28 de febreiro de 2011 e en www.educacion.es