mércores, 31 de xullo de 2013

4 bolsas de formación e investigación no INAP

Convoca: INAP Instituto Nacional de Administración Pública.
Destinatarios/as:
Poderá ser beneficiario da beca calquera persoa de nacionalidade española ou nacional dalgún Estado membro da Unión Europea que obteña o título de Grado (de acordo co Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais) ou de Licenciado, Arquitecto ou Enxeñeiro, dependendo da beca que solicite:
a) Nas áreas de Biblioteconomía e Documentación.
b) Nos ámbitos da Ciencia Política, a Socioloxía, a Administración pública, o Dereito ou a Xestión pública.
c) No ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
A dita titulación debe ser obtida no curso académico 2008-2009 ou posterior, en universidades españolas ou estranxeiras, neste último caso a condición de que se obtivo a homologación do título por resolución definitiva.
Data límite: 09 de agosto de 2013.
Máis información no BOE

martes, 30 de xullo de 2013

Formación no Centro Social para a vindeira semana

Curso de algas mariñas
Formación+Recollida de Algas+Secado das Algas+Degustación


Obradoiro de cosmética natural

a partir do mércores..algo cultural

31 de xullo
23.30h Concerto de Antonio Bermo
Bar Brétema(Ribeira)

00:30 Actuación de PIGNOISE
na Praza de España(Ribeira)

1 de agosto
22.30h Concerto de Rastrexo Project
Praza do Tapal(Noia)

00:00 Actuación  ““Diversons”  
na Praza de España(Ribeira)
  

2 de agosto

00:00 Actuación de. ROI CASAL
na Praza de España(Ribeira)

3 de agosto
22.30h Concerto de Carlos Bau
na Terraza do Miramar



4 agosto
11.00h BoiroPatina
Praza de Boqueira de A Negral

Todo o día
Festas de Exipto(Abanqueiro

13.00 h Festa da Malla
Boiro

 00:00 Actuación de Lagarto Amarillo
na Praza de España(Ribeira)


e esta fin de semana non para a festa e senón botade unha ollada..

Festival Castelo Rock
Rock in Ezaro cos Lakazans, Recambios Tucho e Toñito de Poi
Festival Son Rías Baixas
Festa do Albariño
Festas de Ribeira
Festa do Percebe

Para hoxe..

20.00h Inaguración do novo espazo lector NOBEL
Rúa Poeta Manuel María, 10(antigua peluquería Neo)

20.30h Espectáculo infantil de maxio NONO
Praza de Agramuiña(Escarabote)

martes, 23 de xullo de 2013

XXVI PREMIO DE POESIA EUSEBIO LORENZO BALEIRON 2013

Bolsas de colaboración de estudantes en departamentos universitarios

O Ministerio de Educación  convoca 2356 bolsas para promover a iniciación en tarefas de investigación dos estudantes universitarios que vaian finalizar os estudos de segundo ciclo ou de Grao ou que estean a cursar primeiro curso de Másteres universitarios oficiais.
A solicitude deberase cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a «Trámites e Servizos» e enviala antes do 30 de setembro de 2013.
Máis información no BOE do 13 de xullo de 2013 e en www.educacion.es

Circo en Boiro

Hoxe martes 23 de xullo de 2013 ás 12:00 h. na Rúa Peonil, terá lugar o espectáculo de maxia e circo "Don Gelati" e mañá ás 21.00h no parque infantil de Cabo de Cruz  a actuación de Cé Orquestra.

luns, 22 de xullo de 2013

Festas do Apostol

Hoxe comezan as festas do Apostol en Santiago, deíxovos a programación para consultar.

Curso de Información e Orientación no Ambito Formativo

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o curso de Información e Orientación no Ambito Forrmativo, dentro dos cursos de verán 2013, que se desenvolverá no Centro coordinador de información xuvenil.
Destinatarios/as: persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil (RGIX) e mozos e mozas que posúan o carné xove e dispoñan dos medios adecuados para realizar o curso de forma semipresencial.
Criterios: Por orde de inscrición.
Criterios de selección: Por orde de inscrición, tendo preferencias os/as informadores xuvenís da Rede Galega de información xuvenil.
Número de horas: 30
Número de prazas: 30
Obxectivos: Formar as persoas que traballan no ámbito da información xuvenil, ou estén interesados/as neste campo sobre a formación nos distintos ámbitos (formal, non formal e informal) en materia de xuventude…
Contidos:
◗ A información xuvenil especializada no ámbito da educación.
◗ Educación formal, non formal e informal.
◗ A formación en xuventude nos distintos ámbitos formativos.

Modalidade: semipresencial.
Lugar e data da sesión presencial : A primeira sesión presencial é obrigatoria, e terá lugar no Centro coordinador de información e documentación xuvenil, en Santiago de Compostela, o día 5 de agosto as 12.00 h.
Formulario de Solicitude
Data de inscrición: ata o día 28 de xullo  no portal www.xuventude.net
Datas de realización: 5 de agosto ao 5 de setembro.
Mais Información: Teléfono:  881 997 604/7
correo electrónico:  oixuventude.traballo@xunta.es

Campaña de recollida de libros de texto

Servizos Sociais do Concello de Rianxo recolle libros de texto que despois serán prestados a nenos e nenas que os precisen.
Se tes libros de texto para doar que xa non necesites pode acercarse ao departamento de Servizos Sociais (crta. de tanxil, 12). Do mesmo xeito podes apuntarte como demandante de libros de texto especificando o curso e os libros que precisas.

Máis información en:
Servizos Sociais Comunitarios
Crta. de Tanxil, 12  981860061
servizos.sociais@concelloderianxo.es

Oferta emprego Concello de Rianxo

Convocatoria de proceso de selección para peóns e peóns condutores das brigada de prevención e extinción de incendios para o Concello de Rianxo. Infórmate de máis

Encontro con João Tordo

O escritor João Tordo (Lisboa, 1975) chega estos días á Residencia de Escritores de Axóuxere, onde estará un tempo aproximado dun mes de estancia, adicado á escrita da súa nova novela. De acordo co programa de Residencias o escritor realizará un Obradoiro de Escrita Creativa no Concello de Rianxo os días 2 e 3 de Agosto; tamén teremos un Encontro / Conversa con el o día 9 de Agosto. As actividades son de balde, e poderán participar tod@s @s que quixeran inscribíndose no sitio web do Concello de Rianxo

BoiroPatina


xoves, 18 de xullo de 2013

Monólogos cómicos


Acto informativo sobre sanidade


Pre festa da Dorna

Esta fin de semana xa chega a que para moitos/as e a mellor festa do ano, e como hai xentiña que non se agota por moitos que sexan os días de festa, este ano ademáis da programación habitual organizan os concertos predorna

 Bar A Caseira:
Xoves 18 23:00 The Covers + Dani DJ
Bar Capitan Morgan:
Xoves 18: Almost Europe the band e Os Prestados)
Bar Bretema:
Xoves 18: 23:00  Thais e Loren
Bar Abuela Gloria:
Xoves 18: 23:00 A Rebanda

Curso de Información Xuvenil Especializada no Ámbito Formativo

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca os cursos de verán 2013, que se desenvolverán no Centro coordinador de información xuvenil en Santiago de Compostela.
Destinatarios/as: Persoal da Rede galega de información xuvenil e titulados ou estudiantes do ámbito social (educación social, pedagoxía, traballo social, maxisterio, socioloxía, psicopedagoxía) e TASOC que posúan o carné xove. (Ter o carné xove é requisito para as persoas que non pertenzan a Rede galega de información xuvenil).
Criterios de selección: Por orde de inscrición, tendo preferencias os/as informadores xuvenís da Rede Galega de información xuvenil e aquelas persoas que teñan feito o curso de información xuvenil especializada na área de educación.
Obxectivos: Profundizar nos aspectos básicos da información xuvenil dende o ámbito das asesorías de educación.
Contidos: Estructura da información xuvenil xeral e especializada. A información xuvenil no ámbito educativo. Busca e síntese monográfica da información xuvenil. Estudos no ámbito da información xuvenil. A información xuvenil noutras comunidades autónomas.
Nº de horas: 30
Nº edicións: 2
Nº de prazas: 30
Modalidade: semipresencial
Lugar e data da sesión presencial : A sesión presencial é obrigatoria, e terá lugar no Centro coordinador de información e documentación xuvenil, en  Santiago de Compostela, o día 2 de agosto as 12.00 h.
Data de inscrición: O prazo de inscrición remata o día 28 de xullo ás 23.59 h.
As persoas que resulten seleccionados/as  comunicaráselles o día 30 de xullo por correo electrónico.
Datas de realización: 2 de agosto ao 5 de setembro de 2013
Mais Información: Telefonos: 881997604/07

Ruta de Senderismo

A concellería de Turismo, organiza este venres ás 21.00 unha nova ruta de sendeirismo. Trátase dun percorrido de 8 km e duración estimada de 2 horas e media, que ten o punto de partida na Praza de Galicia. A ruta pasará por A Boliña, Rexidor, Trebonzos, petróglifos de Agüeiros, Cruceiro de Castelao, San Martiño e Vista Alegre; poderemos gozar dunhas espectaculares panorámicas nocturnas do rueiro de Boiro. A ruta ten unha cota de inscrición de 2.50 euros. Poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654

mércores, 17 de xullo de 2013

Aberto o prazo de inscrición no Feirón Mariñeiro

Xa podes inscribíreste, en liña, no X Feirón Mariñeiro "A Feira de 1913",  que se celebrará en Rianxo o xoves 19 de setembro de 2013. Inscricións neste enlace antes do 19 de agosto

Música de Costa de Marfil

HOXE MÉRCORES, 17 DE XULLO, ÁS 22:30 H, NO MALECÓN DE RIVEIRA (PALCO DE PEDRA), ACTUACIÓN DE "SOTHECA" DE COSTA DE MARFIL!!!

UN GRUPO DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL DE COSTA DE MARFIL AMENIZARÁ ESTA NOITE O PASEO RIVEIRENSE DO MALECÓN

Fin de semana de Bandas


VIII Festival de Bandas de Música de Boiro, 
este sábado 20 de xullo na praza do Centro Social a partir das 19.00h. As bandas convidadas  nesta edición son: á Banda Municipal de Boiro, a  Banda de Música Davertula de Meis e a Banda de Música de Vila de Cedeira

IX Ciclo de Bandas
o sábado 20 de xullo a partir das 21.00h no Campo de Arriba de Rianxo actuación da Banda de Música de Vilagarcía 

luns, 15 de xullo de 2013

Obradoiro de cosmética natural II

Queres aprender a realizar pasta de dentes, champús, sal de baño, desodorantes, enxuague bucal..de forma natural? Pois o 6 e 7 de agosto tes a túa oportunidade no Centro Social.


Festas do Carmen de Cabo de Cruz


Bolsas para mozos/as

A Deputación de Lugo convoca 1 bolsa para licenciados/as en socioloxía de calquera universidade
Máis info

Bolsas para o alumnado do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña
Máis info

venres, 12 de xullo de 2013

Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra



Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra,
Os concertos, gratuítos, terán lugar nas prazas do Teucro e da Ferraría

Programación cultural

Apenas rematamos as festas de Boiro e xa tem os máis...

 Venres 12 de xullo

20.30h Concerto de Antonio Bermo e degustación de paella
Boxbar- Praia de Coroso(Ribeira)

24h Concerto Bakin Blues e The Lakazans
Pousada das ánimas


Sábado 13 de xullo

13h Concerto Aniversario Trikel
a partir das 13h tocarán: Miguel Ángel, Antonio Bermo, O ollomol e o Dios que o queira
Taberna Triskel(Ribeira)

20h Foliada Festas do Carmen
Porto de Cabo de Cruz

22h Festa do Lingueirón
Porto de Cabo de Cruz

23h Concerto de Lulú(Forraje)
Praia de Cabío(Pobra do Caramiñal)

23.30h Concerto The Lakazans
Plazuela de Mazacañamos ( Noia)

+ Festas do Carmen de Cabo de Cruz
luns 15 de xullo e martes 16h
con orquestas, procesión marítima...

Curso sobre as algas e os seus usos

Todavía temos prazas no curso que organizaremos no Centro Social de Boiro dende o departamento de medioambiente que se organiza en dúas edicións: 19 e 20 de xullo e 9 e 10 de agosto, en horario de venres de 18h a 21.30h e sábado de 10.30h a 14h.
Para calquera das dúas edicións debedes inscribirvos previamente no Centro Social de Boiro ou mediante este mail.

mércores, 10 de xullo de 2013

Conferencia de " Cómo ter éxito na educación dos fillos"

A psicóloga María Jesús Álava ofrecerá unha charla gratuíta, sobre cómer ter éxito na educación dos fillos, no auditorio de Ribeira o venres ás 8 da tarde.

Hoxe doblete de concertos e orquesta



As festas están a piques de rematar, pero ainda queda a traca final e para hoxe nos agarda doblete de concertos ou orquesta.

"The feeling Band" en concerto
mércores 10 de xullo ás 23h
Pousada das ánimas

Labregos dos tempos dos sputniks
mércores 10 de xullo ás 23h
Local Social Aturuxo

Orquestas marbella e panorama
mércores 10 de xullo ás 22.30h
Praza de Galicia


Lectorados de lingua, literatura e cultura galega en universidades



Lectorados de lingua, literatura e cultura galega en universidades españolas e estranxeiras (prazo ata o 13 de xullo)

Toda a información aquí

martes, 9 de xullo de 2013

Curso de Elaboración de proxectos de animación sociocultural e turística en Santiago de Compostela

Máis información:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Praza do matadoiro, s/n.
15703-Santiago de Compostela.
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607
Correo electrónico: oixuventude.traballo@xunta.es

Lista de contratación temporal de persoal do servizo de axuda no fogar

O Concello de Rianxo publicou o anuncio para a creación de unha lista de contratación temporal para PERSOAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.
Máis información

Obra de teatro benéfica

o venres 12 de xullo ás 21:00h, na Casa da Cultura Ramón Martínez López , presentarase a obra de teatro "Dixo pene: nai que os pariu!" de ARTías Teatro  que é unha compañía de teatro formada por membros de diferentes sectores da USC, persoal de administración e servizos e docentes, membros de diferentes
Facultades. A recaudación que se faga irá destina integramente ó proxecto FOGAR AMICOS

Concurso de fotografía

O Centro Municipal de Información Xuvenil da Coruña organiza o X Concurso de fotografía de viaxes "viaxarte".Destinatarios/as: Mozas e mozos de 15 a 30 anos.                                                      Prazo: do 1 de xullo ao 2 de setembro de 2013
Todas as fotografías deberán estar relacionadas co tema das experiencias viaxeiras.
Os premios á mellor fotografía e á mellor serie fotográfica consistirán nunha viaxe para unha ou dúas persoas:
Viaxe para unha persoa: unha semana, que se escollerá entre Alemaña, Francia, Grecia, Italia, Reino Unido ou Turquía.
Viaxe para dúas persoas: 4 días, que se escollerán entre Amsterdam, Atenas, Berlín, Budapest, Estambul, Londres, Madeira ou Praga.
Máis información: http://www.coruna.es/

xoves, 4 de xullo de 2013

Campamento de verán 2013 en Boiro

Na páxina web do concello podes consultar o listado de admitidos

Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela




Aberto o prazo de preinscrición e matrícula para o curso 2013/2014. Xa sabes en que lingua(s) te queres matricular? http://ow.ly/mpmIG

e ademáis...

Solicitan para unha academia de Perillo profesores de inglés, francés e alemán. Se estades interesados enviade o curriculum a Silvia Suárez Bregua no seguinte mail: silviasuarezbregua@yahoo.es