xoves, 21 de xullo de 2016

Xornada medioambiental no Parque Natural de Corrubedo

O sábado 30 de xullo a Dirección Xeral de xuventude organiza unha actividade gratuíta medioambiental para mozxs de 16 a 30 anos no Parque Natural de Corrubedo e zona do Vilar

Se estades interesadxs enviade mail a omix@boiro.org

Máis info:

DESTINATARIOS/AS
Mozos e mozas galegos entre 16 e 30 anos de idade.
DATA E LUGAR
Sábado, 30 de xullo de 2016
Parque natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
(Vilar, s/n - CARREIRA - 15959 -Ribeira).
PRAZAS
25 prazas.
Mínimo de prazas que deberán cubrirse para a realización da actividade: 15.
COBERTURA
A actividade terá un carácter gratuíto e facilitarase aos participantes unha liña de transporte para o desprazamento ao parque natural de ida e volta.
O xantar correrá a cargo dos participantes.
TRANSPORTE
Porase a disposición dos/as mozos/as participantes unha ruta de transporte con saída e volta dende a cidade de Santiago, ruta que se confeccionará segundo a procedencia xeográfica dos/as participantes.
Non é obrigatorio a utilización deste medio de transporte, polo que os mozos/as poderán achegarse ata o parque natural polos seus propios medios. Neste caso, os gastos de transporte correrán a cargo do/a participante.
RECOMENDACIÓNS
É moi importante utilizar calzado axeitado, resistente e flexible. E nos días de moito sol, tamén é recomendable levar proteción solar.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES.
10.00 RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES NO PARQUE NATURAL.
10.30 VISITA GUIADA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO ECOSISTEMA LITORAL GALEGO (CIELGA)
11.30 SAÍDA A RUTA GUIADA:
  • Camiño da auga: percorrido 3km – 1,5h. Chegada ata a laguna de auga doce de Vixán (alimentada polo regato do Vilar) e os restos dun castro en Porto Baixo.
13.30 FIN DA RUTA
13.45 ACTIVIDADE DE LECER: OBSERVACIÓN E AVISTAMENTO DE AVES NOS ARREDORES DO PARQUE NATURAL (LAGOA DE VIXÁN).
14.45 FIN DA ACTIVIDADE.
15.00 XANTAR NA PRAIA DO VILAR.
16.00 VISITA Á PRAIA DO VILAR E SUBIDA AO MIRADOIRO DA PEDRA DA RÁ.
18.30 FIN DA ACTIVIDADE E SAÍDA.
PRAZO DE INSCRICIÓN
Do 20 de xullo a 28 de xullo ás 23:59 horas
INSCRICIÓN
A inscrición será mediante o formulario electrónico.
As prazas serán cubertas por rigoroso orde de inscrición.
Se no momento de finalizar o prazo de inscrición non houbese o mínimo de 15 inscritos, a actividade será suspendida.
Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza, no que se indicará a ruta e horarios de transporte.
No caso de que o venres 29 de xullo antes das 14:30 horas o/a solicitante non recibe mail de confirmación, entenderase que non obtivo praza
MÁIS INFORMACIÓN
Sonia Sánchez Mella
646 905 325


saúdos

martes, 12 de xullo de 2016

Formación de verán en novas tecnoloxías en Boiro

Este verán temos unha estupenda programación na aula Cemit do Centro Social de Boiro, aínda estás a tempo de inscribirte!


xoves, 7 de xullo de 2016

Curso de fitosanitario gratuíto

O departamento de medio ambiente do concello de Boiro organiza un curso para obter o carné de fitosanitarios gratuíto. 

As datas do curso son:
19 xullo de 10-14h e de 16h a 20h
20 xullo de 10h a 14h e de 16.30h a 20.30h
21 xullo de 16h a 21h
22 xullo de 9h a 13h e exame de 13h a 15h

Hai que apuntarse no departamento de medio ambiente do concello ou no teléfono 981844800